Reunión rexional
From Maxithlon
As reunións rexionais son as competicións nas cales soamente poden participar os clubs da mesma rexión do organizador. Cada club pode organizar 4 reunións nunha tempada, unha dedicada á categoría de atletas novos e unha á categoría dos atletas master e dous á categoría de atletas senior ou maiores. A categoría é determinada pola idade do atleta. Organizar unha reunión rexional é fácil, só presiona en competicións e xa podes creear a competición. Agora necesitas elixir as características da reunión como: categoría, custo da inscrición, se haberá unha clasificación da competición (neste caso o organizador pagará un premio ao gañador), nivel mínimo requirido, un límite ao número dos atletas inscritos por club nun evento. Máis adiante terás que elixir a data, a hora e o nome da competición e dos eventos a programar. O teu estadio terá inicialmente só 4 rúas e só poderás programar un máximo de 8 acontecementos para cada competición, pero este límite pódese aumentar remodelando o estadio.
