Regras
From Maxithlon
Para xogar a Maxithlon é necesario cumprir unhas regras básicas de conducta. Cremos que dar a posibilidade a alguén para que dalgún xeito tome vantaxe sobre o resto incumpre as regras, escritas ou non, e está en contra dos valores que son a base do xogo. Se algún usuario incumpre as regras do xogo, será inmediatamente sancionado cunha multa ou co peche do seu club, polo que che pedimos que sigas as seguíntes normas e notifíques aos operadores calquera vulneración:
- Está prohibido ter máis dun club no xogo.
- No caso de que dous ou máis usuarios conéctense desde o mesmo PC ou sexan coñecidos ou amigos, queda prohibido a compra ou venda de atletas entre eles e, pola mesma razón, a participación en competicións organizadas polo outro usuario.
- Está prohibido dar a túa conta, entrar na conta doutro usuario, ou dar o teu contrasinal a outro usuario do xogo.
- Se recibes unha oferta por outro usuario fóra de mercado, ou recibes moitas ofertas do mesmo usuario, debes notificálo aos operadores que fixarán o prezo.
- Está prohibido abusar ou atacar á persoa doutro usuario: no caso de que se vexa unha conduta incorrecta cara outro usuario, debes comunicalo a un operador gardando as probas do ocorrido. Sobre o ocorrido nas Federacións, débese notificar aos moderadores.
- Está prohibido promocionar as túas competicións ou as túas vendas por MP, nese caso a multa será de 5000.
- Quedá prohibido falar sobre política, relixión e pornografía, así como promover sustancias ou feitos ilegais.
- Nas federación nacional está permitido escribir só en castelán e inglés; na federación internacional, só en inglés.
- Nas federacións debes seguir as regras, evitando falar sobre trampas, protestas sobre moderadores ou operador, e abrir novos posts de contido similar a abertos recentemente.
- Está prohibido falar sobre as decisións do Staff, a prohibición de entrar en foros ou outros lugares públicos do xogo (federacións, noticias, ...). É posible falalo só polo e-mail persoal, mediante o sistema de mensaxes interno de Maxithlon coa persoa que impuxo o castigo ou outros medios privados.
- Está prohibido escanear o website ou crear, distribuír ou utilizar software que utilice calquera parte do código do xogo, salvo que estea autorizado polo persoal de Maxithlon. Ademais, está prohibido usar distintas partes do xogo noutros websites ou software.
- Queda prohibido utilizar en beneficio propio calquera erro do xogo ou das regras.
Para calquera problema con calquera usuario do xogo, que penses que vulnera as regras do xogo, ou contra o espírito das regras, contáctar do xeito adecuado en Denuncias. As decisións tomadas non se farán públicas.
