Prazas dispoñibles

From Maxithlon

Jump to: navigation, search

Para as clasificacións no Campionato Nacional, a nivel de clubs e individual, cada rexión ten un certo número de prazas que é variable segundo o número de clubs/atletas inscritos na rexión comparado co total do país. Por exemplo, se o número de prazas dispoñibles nunha rexión é tres, non só se clasificará o gañador do Campionato Rexional, tamén o segundo e terceiro clasificados terán a posibilidade de competir no campionato nacional. O número de prazas dispoñibles calcúlase ao principio de cada tempada dependendo do número de clubs inscritos en cada rexión e non cambiará durante a tempada: asegúrase un mínimo dunha praza para cada rexión. O número de prazas dispoñibles é visible na páxina de cada rexión no menú de Maxithlon.

Personal tools