Fundar un club gl
From Maxithlon
A fundación do teu club é un momento moi importante no xogo.
Durante a fundación, podes elixir o nome do teu club de atletismo e, por outra banda, elixir en que rexión do teu país estará a sede do teu club. Dependendo da rexión, a táctica de xogo e desenvolvemento será diferente: unha rexión con moitos usuarios terá máis competicións e máis participantes (con máis ingresos), pero á vez será máis difícil que os teus atletas consigan bos resultados, debido á presenza dun maior número de rivais.
Unha rexión con menos usuarios permitirache ter acceso aos acontecementos nacionais cunha relativa facilidade, pero os seus custos serán seguramente maiores, posto que terás que confiar a miúdo nos clubs doutras rexións.
