FAQ gl

From Maxithlon

Jump to: navigation, search

1) Fundei o meu club, ¿Qué teño que facer agora?

Para empezar, ¡ler coidadosamente a guía do xogo! Unha das primeiras cousas que hai que facer é asignar unha especialidade aos teus atletas en base ás súas habilidades, logo terás que asignarlles un adestrador e alistalos nas súas primeiras competicións.


2) ¿Como podo asignar unha especialidade aos meus atletas?

Entra na ficha do atleta e escolle unha das especialidades da lista desplegable que aparece á dereita da páxina, en función das súas habilidades. Unha vez que selecciones a especialidade, calcularánse as habilidades propias de cada especialidade.


3) ¿Onde podo ver as habilidades máis importantes para cada especialidade?

Para velas, tes que ir ao menu principal e picar en disciplinas, e seleccionar na que estes interesado.


4) ¿Podo cambiar a especialidade dun atleta?

Si, pero só se pasaron 10 semanas e ten menos de 25 anos. Para facelo, entra na ficha do atleta e pica en "cambiar especialidade".


5) ¿Como podo asignar un adestrador aos meus atletas?

Hai dous camiños: desde a ficha do atleta, escollendo o adestrador do menú desplegable "Asociar ao adestrador" que aparece na parte dereita da pantalla; ou desde a páxina do adestrador, seleccionando os atletas que queiras que sexan adestrados por ese adestrador.


6) ¿Como podo adestrar aos meus atletas?

Débense cumprir 2 condicións para adestrar os teus atletas: • Debe competir esa semana antes do adestramento ou ser enviado ó retiro de adestramento. • Debe ser asignado a un adestrador da sua mesma especialidade.


7) ¿Como podo apuntar aos meus atletas a unha competición?

Competir cos teus atletas é o obxectivo de Maxithlon, pero tamén é moi importante para que os teus atletas adestren e melloren as súas habilidades. Apuntar aos teus atletas é fácil, só pica en "Competicións" e, usando os menus desplegables, selecciona a competición á que queres apuntar aos teus atletas, que se inscribirán individualmente na especialidade que decidas na seguinte páxina. Selecciona a opción "Excluír todas as competicións onde o teu club non poida participar", para que se mostren só aquelas en as que podes competir. ¡E sorte!


8) ¿Cantas e cales son as competicións de Maxithlon, e como funcionan?

En Maxithlon hai multitude de tipos de competicións nas que te podes apuntar, polo que o mellor é volver ao apartado da guía que o trata de xeito específico para informarche correctamente: competicións.


9) ¿Ata cando podo inscribirme nunha competición?

As competicións están abertas ata 1 hora e media antes do comezo.


10) ¿Como podo crear unha competición?

Dende a páxina "Competicións", pica en "Crear competición". Nas dúas seguintes páxinas, podes pór os parámetros da competición. Podes crear un máximo de 4 competicións por tempada (2 seniors, 1 junior e 1 master).


11) ¿Por qué o meu atleta non terminou a competición (ausente/descualificado/non terminado)?

Pode ocorrer que un atleta non termina unha competición, se é descualificado ou se ausenta cando a súa forma ou a súa moral son baixos (o valor mínimo para a forma é 11 e para a moral 10). Un atleta que non termina unha competición é porque se lesionou.


12) ¿Cando se me asignará unha serie na Liga Nacional?

Cando a tempada en curso termine. Mira o calendario para verificar cando termina.


13) ¿Como podo saber en que serie da Liga Nacional estou?

Pica no nome do teu club, e entre toda a información que che salga, virá a que serie a cal pertences.


14) ¿Como podo apuntar aos meus atletas nas probas da miña LN?

Apuntarse á Liga Nacional é igual que apuntarse a calquera outra competición. Ademais, podes apuntarte directamente desde a páxina da túa LN (debaixo, desde o calendario).


15) ¿Como podo mellorar a forma dun atleta?

A forma dun atleta baixa se compite demasiado ou con alta intensidade, e un atleta con pouca forma fai peores rexistros e corre máis risco de lesionarse. O método máis rápido de subir a forma dos teus atletas, é que compitan só unha vez por semana e en baixa intensidade.


16) ¿Onde podo ver as ofertas que realicei por atletas no mercado?

Desde "mercado", pica en "transferencias en progreso". Se unha oferta túa foi superada, serás avisado mediante unha mensaxe na túa páxina de inicio.


17) Cando poño un atleta á venda, ¿podo fixar o prezo mínimo?

Si, dende o recadro branco á beira de "venda".


18) ¿Como recibo ofertas de patrocinadores/cando chega o primeiro pago do patrocinador?

Recibirás a primeira oferta por patrocinadores individuais e do club, cando os teus atletas empecen a ter seguidores. Para aumentar o número de seguidores, debes facer correr aos teus atletas nas diferentes competicións.


19) ¿Cando se actualiza a economía de Maxithlon?

Tódalas semanas, na noite entre o domingo e o luns.


20) ¿Hai intereses polo diñeiro en números vermellos?

De momento só existen intereses polo diñeiro en negativo que teñas, un 5% que se che cobrará na actualización económica.


21) ¿Existe algún tipo de software para avaliar as capacidades dos meus atletas?

Si, actualmente existen 3 softwares. MaxO que ppdes descargar dende este link [1], Excethlon [2] y Atletix [3].


23) ¿Que é o estado do estadio?, ¿Como podo levalo ó 100%?

O estado mostra o nivel de mantemento do teu estadio. É moi importante manter o estado ao redor do 100% xa que se baixa ao 95%, tes o risco de perder algunhas infraestruturas do estadio (liñas, asentos, sala de prensa...). Podes contratar algún groundsmen para baixar a intensidade de baixada do estado.

Personal tools