Empezar a xogar
From Maxithlon
Para comezar a xogar en Maxithlon o primeiro que debes facer é rexistrarte. Unha vez feito, podes ir a esta páxina onde debes elixir o país no cal desexas xogar (debe ser o seu país de residencia, se existe, para evitar expulsións efectuadas polo noso persoal. Se non existe o teu país aínda, entra en contacto co noso persoal para que sexa incluído). Na segunda páxina podes finalmente proporcionar os teus datos para a conexión (usuario e contraseña) seleccionables entre os dispoñibles, e os teus datos de identificación.
Unha vez completado o rexistro, deberás esperar a recibir un e-mail coa confirmación do rexistro que contén un vínculo para poder proceder á activación da túa conta. Este procedemento podería requirir algúns días, porque é avaliado manualmente polo noso Staff. O teu rexistro podería ser rexeitado totalmente se hai mostras da violación das regras, ou se che podería pedir máis información para poder completalo. En todo caso recibirás un e-mail explicando o estado do teu rexistro. Ata que non recibas o e-mail que contén o vínculo da activación, non poderás identificarte. Unha vez recibido o e-mail e activado o vínculo xa podes finalmente conectarte e empezar a xogar.
Se non efectúas a activación nun prazo de 15 días a túa conta será eliminada e terás que esperar a túa quenda outra vez na lista que espera.
Unha vez que te conectes por primeira vez, como paso seguinte, tes que fundar un club para seguir co proceso.. Un titor particular (MaxiTutor) asígnase aos novos usuarios. O MaxiTutor é un usuario experto que axuda aos novos usuarios nos seus primeiros días de xogo. Os novos usuarios terán contacto rápido co seu titor particular e poderán comunicarse a través do sistema de mensaxes.
Ademais, os usuarios que están xogando xa, ou os que non reciban ao seu titor particular automaticamente por erro, poderán requirilo co link dispoñible na páxina de persoal.
Para ser titor particular debes xogar polo menos 2 meses e ter unha praza na liga nacional. A túa candidatura será valorada polos operadores e, en cada caso será aceptada ou rexeitada. Ao facer a petición para ser titor particular, de propor ou eliminar un, terás que ir páxina de persoal do xogo no menú da esquerda.
