Competicións gl

From Maxithlon

Jump to: navigation, search

As competicións son, obviamente, o punto central da actividade do teu club. Nunha competición os teus atletas poden aprender, poden gañar ou perder, e de tal modo o teu club pode tamén conseguir algún beneficio para as súas arcas. Unha xestión correcta do calendario anual, e polo tanto das participacións dos teus atletas, é a única base que tes para conseguir resultados óptimos a nivel individual ou de club.

Hai competicións oficiais e non oficiais, e son:

Podes tamén crear a túa propia competición, e usar os distintos parámetros que che permitirán crear un acontecemento exactamente como desexes. Debes ter coidado de optimizar e usar ben os diversos parámetros da organización de modo que outros equipos se véxan atraídos a participar. Podes organizar como máximo un para as categorías de juniors e masters e dúas para os seniors.

Outras competicións serán organizadas automáticamente a nivel rexional e nacional. Elixiráse ao organizador ao principio da tempada, dependendo do estadio do organizador e do nivel do club a nivel nacional ou rexional. Un estadio cun alto nivel ten unha probabilidade máis alta de ser seleccionado comparado con outro dun nivel máis baixo.

Todas as competicións oficiais son organizadas por MFTF (Maxithlon Federation of Track and Field) e polo tanto non terán custos de organización para o usuario que faga de anfitrión, e non hai custos por inscribir atletas. As reunións organizadas polos clubs poden ter custos variables de organización dependendo da competición creada, e o custo para o rexistro do atleta elixido polo organizador.

É posible inscribir aos atletas nunha competición ata media hora antes de que comece, é dicir, media hora antes de que a primeira proba de comezo.

En cada competición rematada, cada atleta terá o seu resultado, que pode ser a distancia ou o tempo conseguido na competición. No caso de que non acabase a competición, a razón será especificada en Resultados.

Espectadores

A túa competición terá obviamente certo público no estadio para gozar das probas atléticas. As competicións ateigadas de público, con grandes atletas e gran número de espectadores organizadas por un club con moitos fans en días de boas condicións climáticas conseguirán, seguramente, máis atención que outras. O número máximo de espectadores que o estadio pode albergar é dado pola capacidade do mesmo.

O prezo das entradas depende das reunións:

Competición Prezo da entrada
Liga nacional 20 €
Reunión rexional 15 €
Reunión nacional 25 €
Reunión continental 35 €
Reunión internacional 45 €
Reunión rexional de clubs 20 €
Reunión nacional do clubs 30 €
Reunión individual rexional 20 €
Reunión individual nacional 30 €
Competicións continentais 40 €
Campionatos do mundo e Xogos Olímpicos 50 €

É importante entender que as opcións que elixas sobre o tipo de competición afectarán á asistencia de público.

Personal tools