Campionato Rexional
From Maxithlon
Os campionatos rexionais divídense en 2 competicións:
Campionato rexional individual
Este campionato determinará aos atletas máis fortes dunha rexión xeográfica. Logo, os mellores atletas de cada rexión teñen a ocasión de competir na reunión nacional. O número de atletas elixidos de cada rexión depende do número das prazas dispoñibles para cada rexión, e non depende do tempo ou da distancia que alcanzaron. Cada club pode inscribir como máximo a 2 atletas por disciplina. O club recibirá 500€ por cada atleta clasificado para a fase nacional.
Soamente os atletas que son oriúndos do país no que compiten poden entrar nos campionatos nacionais. Os demais poden clasificarse no Campionato Nacional Individual dos seus respectivos países, logrando unha das 3 mellores actuacións da tempada de entre tódolos atletas dese país.
Campionato rexional de clubs
Este campionato determinará ao club máis forte da rexión xeográfica. Logo, na fase nacional, o club coa puntuación máis alta pasará á seguinte fase segundo as prazas dispoñibles para cada rexión. A posición que terá durante a competición estará baseada na puntuación calculada para cada actuación. Cada club pode inscribir a un só atleta por disciplina. O club clasificado recibirá unha compensación de 5.000€.
