Campionato Nacional
From Maxithlon
Os campionatos nacionais divídense en 2 competicións:
Campionato nacional individual
Neste campionato inscribiranse aos mellores atletas de cada disciplina de cada rexión. O número de prazas por rexión é determinado polo número de prazas dispoñibles, e non dependen do tempo ou a distancia que os atletas alcanzaron no campionato rexional individual. Ademais destes atletas, o venres da sexta semana de cada tempada os tres primeiros atletas da tempada en cada disciplina, recibirán unha invitación para asistir, menos os que xa estean clasificados. Este é o único xeito que teñen os atletas que vivan fóra para clasificarse no campionato nacional do seu país. Estes atletas non recibirán ningún premio pola clasificación. Segue habendo o límite de dous discilpinas para cada atleta. Así pois, se un atleta ten tres ou máis invitacións, terá que elixir só dúas. Este campionato determinará o atleta máis forte dunha nación. Cada club pode inscribir como máximo 2 atletas por disciplina. O club podería recibir unha premio por cada atleta de acordo á posición final: para máis información vexa a páxina de premios.
No caso de que un atleta cunha invitación para o campionato nacional individual sexa vendido pódense dar dous casos: se estaba inscrito para participar entón perderá o dereito e non poderá asistir, en caso contrario poderá ser inscrito.
Campionato nacional de clubs
Neste campionato soamente participan os mellores clubs de cada campionato rexional de clubs. O número de clubs de cada rexión é determinado polo número de prazas dispoñibles. Este campionato determinará a club máis forte do país. A puntuación que será utilizada durante a competición estará baseada na puntuación de cada actuación individual. Cada club pode inscribir soamente un atleta por discilpina. O club pode recibir diversos premios baseados na súa posición final: para máis información vexa a páxina de premios.
