Atletas gl

From Maxithlon

Jump to: navigation, search

O atleta é, obviamente, o principal protagonista de Maxithlon.

Contents

Contrato do atleta

En Maxithlon os atletas poden adherirse no teu club de 3 modos distintos:

Se o atleta que adquires para o teu club é maior de 18 anos, éste recibirá unha prima igual ao seu soldo semanal.

Caracterí­sticas dos atletas

Cada atleta ten as súas propias caracterí­sticas especí­ficas. Cada unha delas ten un diverso tipo de influencia no funcionamento e no comportamento do atleta. A escala que Maxithlon utiliza para distinguir a un atleta doutro é unha escala de 20 valores, desde 1 ata 20.

Non podes ter máis de 60 atletas no teu equipo. Se chegases a ter 61 ou máis atletas o dí­a seguínte haberá unha destitución automática do atleta co humor máis baixo do teu club. Debes ter moito coidado de non exceder nunca os 60 atletas porque arriscas a perder a un atleta importante para o club soamente porque nese momento ten humor baixo. O teu club ten tamén unha canteira, na cal están os atletas sacados do equipo xuvenil.

A canteira permíteche ter un máximo de 5 atletas; cando se excede e chega un novo atleta, aquel que teña a moral máis baixa da canteira saldrá automáticamente, sen ningunha advertencia. É polo tanto unha boa idea deixar sempre un certo espazo dispoñible para as novas incorporacións.

Os atletas poden ser velocistas, mediofondistas, fondistas, marchadores, saltadores ou lanzadores. Cada unha destas especialidades ten dúas habilidades adicionais ás caracterí­sticas técnicas e son; para os velocistas aceleración e reflexos, para os corredores de media distancia son táctica e sprint final, para os corredores de longa distancia son resistencia e continuidade, para os marchadores son técnica e paso, para os saltadores elasticidade e despegamento, e nos lanzadores sacudida e coordinación.

Cada unha destas habilidades inflúe no desenvolvemento do atleta nunha competición especí­fica. A opción da especialidade non obriga ao atleta a participar únicamente nas competicións predispostas para esa especialidade, pero obviamente estará algo en desvantaxe se carece dunha determinada habilidade especial necesaria para un tipo de competición. Exemplo: os velocistas poden facelo moi ben en salto de lonxitude, pero ao carecer de bos valores en despegamento e elasticidade os seus resultados serán probablemente peor que os dun saltador nato.

En cada especialidade o atleta consegue estas dúas habilidades adicionais cun valor ao azar que pode verse influenciado pola moral do atleta. A especialidade do atleta pódese seleccionar ou cambiar soamente unha vez cada dez semanas. A especialidade dos atletas que teñen 25 ou máis anos non se pode cambiar.

Caracterí­sticas fí­sicas do atleta
Caracterí­sticas psicológicas do atleta
Caracterí­sticas técnicas do atleta
Especialidades do atleta

Cada atleta, en base á súa propia carreira profesional, terá en maior ou menor medida a posibilidade de atopar a patrocinadores que gratificarán económicamente ao club polo seu patrocinio.

Probas semanais

Nesta páxina podes ver os resultados do atleta nas probas semanais. Unha vez elixida a especialidade dun atleta, pode comezar a melloras os niveis desa especialidade. Deste xeito cada semana podes ver os resultados do seu progresos no campo do adestramento, para ter unha idea do seu potencial.

Evolución das actuacións

É un historial de todas as competicións nas que tomou parte o atleta durante a súa carreira. Podes atopar todos os acontecementos do atleta, coas competicións, resultado e a puntuación alcanzada para actuación...

Ranking

Aquí­ atoparás todos os records persoais alcanzados polo atleta nos diversos eventos.

Transferencias

Aquí­ podes atopar todas as transferencias ou movementos de clubs do atleta.

Pór un atleta en venda

Se desexas vender a un atleta tes que polo no mercado. A partir do momento que o insertáches no mercado podes recibir algunhas ofertas doutros clubs que desexan comprar ao atleta durante 3 dí­as. Podes indicar un prezo mí­nimo escribindo o valor directamente. Se o atleta recibe unha oferta e véndese o teu club recibe unha porcentaxe da máxima oferta que é variable dependendo do tempo que o atleta pertenza ao teu club: para máis información vexa a sección mercado.

Despedir a un atleta

Con esta función podes despedir a un atleta que será incluído automáticamente no mercado libre. Deberás confimar o despido.

Cambio de especialidade dun atleta

Con esta función pode cambiar a especialidade do atleta, esencial para ser ben adestrado e eficaz nas actuacións de competición. A especialidade pódese cambiar unha vez cada dez semanas para cada atleta. Cando a especialidade dun atleta cámbiase as habilidades especí­ficas desa especialidade asígnanse de xeito ao azar, independentemente do valor da especialidade anterior, vémdose influenciado levemente pola moral do atleta. Non será posible cambiar a especialidade dos atletas que teñan 25 ou máis anos.

Enviar a un atleta a un retiro de adestramento

Cada atleta ten a posibilidade de gozar dun retiro de adestramento, que consiste na posibilidade de adestrarlle sen que tome parte en competicións da súa especialidade durante a semana. O retiro pódese utilizar soamente unha vez en cada tempada para cada atleta e o custo é o 80% do MAXID do atleta. Prácticamente é coma se participase nunha competición da súa especialidade pero sen gañar experiencia.

Asociación a un adestrador

Con este menú podes seleccionar a qué adestrador queres asociar cada atleta. Recorda que para recibir o adestramento semanal, os atletas e os adestradores asociados deben ter a mesma especialidade, ademáis o atleta debe competir polo menos unha vez por semana nunha competición da súa especialidade.

Lesións

Durante unha competición pode suceder que un atleta se lesione, especialmente se non está nas condicións psico-fí­sicas apropiadas para unha competición, que é cando ten valores baixos en forma e humor. O risco de lesións aumenta se o atleta participa en máis dunha competición ao dí­a. A gravidade da lesión valórase en dí­as. Eses dí­as son meramente indicativos e pode verse influenciados por diversos factores como o número de doutores presentes no teu persoal técnico e a idade do atleta. Cada doutor pode reducir o tempo de curación dunha lesión entre 1 e 10 dí­as. Os atletas máis vellos tardarán máis tempo en recuperarse, e para ser máis exactos por cada 2 anos que pase dos 15 anos da idade estarán 1 dí­a máis de convalecencia.

Personal tools