A primeira semana gl
From Maxithlon
En cada xogo a primeira impresión pode ser algo traumática. Logo de fundar o teu club verás no menú da esquerda, que dispós de todas as funcións do xogo.
Recomendamos aprender pouco a pouco as distintas funcións, mesturando as túas propias experiencias coa axuda da guía.
O primeiro que tes que facer é elixir a especialidade dos teus atletas. Isto non é fundamental, pero permite aos teus atletas desenvolver o seu mellor potencial nas distintas competicións. Debes ter coidado á hora de elixir as especialidades, porque podes modificalas só unha vez cada 10 semanas. Ao empezar disporás de 44 atletas entre 14 e 27 anos.
Logo están os adestradores. Eles xa teñen unha especialidade e non pode ser modificada. Na páxina do adestrador fixarás o adestramento e elixirás que especialidade teñen que adestrar, distribuíndo 100 puntos nas distintas habilidades. Podes asignar todos os puntos a unha habilidade ou repartílos entre varias habilidades. Recorda que no adestramento, a habilidade do adestrador é decisiva. Se o resto de factores son os mesmos, un adestrador con 18 en velocidade adestrará mellor que un de 12.
Outra cousa importante que se fará é alistar aos atletas nas probas dunha competición. Para facer isto deberás ir á páxina de Competicións, seguramente terás que marcar a casa Excluír todas as competicións onde o teu club non poida participar para poder ver directamente en que competicións podes participar, e comprobar se no campo "Estado" elixiches "Inscrición aberta". Verás a lista de competicións nas cales os teus atletas poden unirse. Para facer isto basta con elixir un campionato, elixir unha proba e clicar en "Inscrición", e finalmente seleccionar os atletas marcando a casilla e elixindo a actitude que deben ter para finalizar clicando en "Enviar inscricións".
Estas son as principais cousas que tes que saber, se queres coñecer máis continua lendo esta guía. Se tes dúbidas acerca de algo, usa as federacións para preguntar as cuestións que necesitas para aprender máis sobre o xogo, seguramente usuarios máis experimentados ca ti coñecerán a resposta.
